Quen foi?
Publicado en Dec 10, 2012
QUEN FOI?
Acto Primeiro “Unha mañá normal na consulta” (Sala de espera da consulta médica de A Licia. Varias persoas falan e discuten mentres esperan a súa vez no médico.) -Manola: Pasa para aquí Pedriño, que xa nos toca entra na consulta! -Home 1: Señora, quererá dicir que lle toca entrar á consulta? Non na consulta. -Home 2: Cala ti tamén! Que nin unha cousa nin a outra, tócame a min, que teño o 236. -Manola: Pois eu o 235 -Home 2: Terás o que queira, pero ti acabas de chegar da taberna, e se che acercan un chisqueiro ardes coma nada. -Pedriño: Mamaiña xa cheguei, Entramos ou non? -Manola: Cala cativo!, que estes pasmóns están dicindo que estou borracha. -Pedriño: E logo, non o estás? - O dicir isto, Pedriño recibiu tal labazada que case en vez de ir ao médico, tivo que ir ao dentista. E empezou a chorar. (De súpeto ábrese a porta do médico, e sae a doutora.) -Lucía: Que é todo este balbordo? Estade calados que non deixades atender a xente! -Sr. López: quererá dicir que non lle deixamos durmir? Porque eu non a vexo moi interesada por atender a ninguén. -Lucía: Mira, señor López!, atenda ao seu e déixeme a min atender ao meu. (Entón esta deu un portazo e volveu para a consulta.) *Soliloquio do narrador: Mentres a xente, se é que se lle pode chamar xente aos habitantes de A Licia, seguían discutindo e case pelexando, fora do recinto médico oíase tamén outra pelexa. Pero, esta era entre dous gatos para veren quen se quedaba con aquela gatiña que estaba subida no muro que rodeaba o local. A pelexa logo terminou porque de súpeto empezou a chover e ámbolos gatos escaparon ao abrigo. Pero, deixando aos gatos e volvendo ao noso centro médico. Coas cousas xa máis calmadas a doutora Lucía Álvarez saíu da consulta para avisar ao seguinte paciente. Pois a luceciña que vai marcando o número que toca estaba fundida. -Lucía: A ver que entre o seguinte. Non será vostede, señor López? -S. López: Si, son. Que tes? Seica non me queres atender? -Lucía: Claro que si! Pero é que aínda veu onte. *Soliloquio do narrador: O señor López amais a doutora entraron, detrás de si cerrouse a porta. Unha porta, por certo, moi boa para ser a dunha consulta médica. Xa dentro ela auscultouno e tomoulle a tensión. Recetoulle uns caramelos de menta e díxolle que estaba máis duro que unha pedra, que o único que tiña era falta de que facer na casa por iso sempre viña ao médico a discutir. -Pedro: Manola deixa de darlle ao petelo que nos toca entrar a nós. -Manola: Pois. Sabes a que veño eu Martiña? Veño porque saíume un gran moi raro nos dedos dos pés, e non podo nin tocarlle. -Martiña: A min o que me parece é que non lle tocas xa de noxo. Porque eses pés non volveron a ver a auga dente a túa comuñón. -Home 1: Xa empezades outra vez señoras? -Manola e Martiña: Si! Ti tes algo que dicir? -Home 1: Eu? Non, por min como se empezades a pelexar como facían antes aqueles dous gatos pola gata, mentres ela xa estaba con outro gato distinto. Así que, se mentres discutides alguén se vos cola, despois non protestedes. *Soliloquio do narrador: Discusión tras discusión. Pelexa tras pelexa. Enfermidade ficticia con enfermidade case real … así foi pasando a mañá. Pero, despois desto a quen lle doía seriamente a cabeza era a Lucía. Que xa enfadada e de moi mal humor se foi no seu coche e díxolle a aquel repulsivo centro: -Lucía: Ata luns! Pero, de dentro dun mes, polo menos. *Soliloquio do narrador: Estaredes pensando: se hai todo este alboroto só nun venres pola mañá, como será o resto do día A Licia? Mais non é un lugar alborotador, senón bastante tranquilo, pois a xente ten que descansar de pasarse toda a mañá discutindo.
Página 1 / 1
Agregar texto a tus favoritos
Envialo a un amigo
Comentarios (0)
Para comentar debes estar registrado. Hazte miembro de Textale si no tienes una cuenta creada aun.
|